Alicia Fernández faise co XIX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

O galardón está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra

28/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A poeta de Escairón Alicia Fernández fíxose este 26 de outubro co XIX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. Mamá pelícano é o título da obra coa que a autora se impuxo entre os arredor de sesenta traballos presentados. O xurado destacou deste poemario o seu "tratamento da familia e da maternidade desde o punto de vista do descarnado" así como a "unidade temática do conxunto dos poemas cunha concatenación de imaxes sorprendentes de impactantes". O fallo salienta tamén o se abordar na obra "un mundo rico de significacións simbólicas e unha perspectiva feminista transversal". O Concello de Sarria e mais a Agrupación Cultura Ergueitos convocan este certame dotado con 6.000 euros en metálico e a publicación da obra gañadora na editorial Espiral Maior.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Lara Dopazo, Xosé María Álvarez Cáccamo e Miriam Ferradás, canda á concelleira de cultura de Sarria, Reyes Abella e a presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos, María Casar, foron os responsables da selección.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiz Vergara Vilariño, Fiz, Poesía, Poemas...