Serxio Iglesias gaña Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O poemario Viaxe ao interior da fenda impúxose entre os 38 presentados

3/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XXV Edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi para o autor de Corcubión Serxio Iglesias. Viaxe ao interior da fenda é o título da obra gañadora, que se impuxo entre as 38 que se presentaron ao certame e que lle reportará ao autor 2.300 euros en metálico. O xurado, composto por María Xesús Nogueira, Inma López Silva, Pura Prado e Bieito Iglesias, baixo a coordinación de Xabier Castro destacou a alta calidade dos traballos presentados. O acto de entrega do galardón realizarase o vindeiro 15 de decembro en Dodro, concello que organiza o premio.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xesús Nogueira, Inma López Silva, Bieito Iglesias, Poesía...