Inés Mosquera imponse no XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A gañadora recibirá 2.500 euros e verá publicado o seu poemario Upupú

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Inés Mosquera. Fonte: Facebook do Concello de Dodro

Inés Mosquera. Fonte: Facebook do Concello de Dodro

O Concello de Dodro daba a coñecer este venres 21 de novembro o fallo do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A padroense Inés Mosquera impúxose nesta xeira do certame co poemario Upupú. A gañadora recibirá un premio de 2.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada.

María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, foron as persoas encargas de seleccionar o traballo gañador entre as 42 obras que se presentaron a esta xeira do certame. O fallo destaca da obra seleccionada "unha poética concibida dende a linguaxe do animal, coa súa mesma axilidade e instinto. Hai salvaxismo neste canto. O upupú soa ao longo dos poemas como unha oración, e álzase por riba de todo: da dor, da enfermidade, da vergonza". A obra preséntase dividida en cinco partes "Lingua de xirín, Ás de pardal, A vergonza de amá, Bubela e a Ditadura da bubela" nas que "a través da figura do paxaro hai un afán de liberdade. Ter o dereito a ser mala muller, mala filla, mala amante". O galardón entregarase o vindeiro 13 de decembro, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.

Que che parece esta nova?
154 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Dodro, Noelia Gómez, Noelia Gómez...

Claves

Entidades
Conceptos