Antón Blanco resulta vencedor no Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O autor recibirá 2.300 euros e verá publicada a súa obra Voz do arqueiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Voz do arqueiro é o título do poemario co que Antón Blanco se facía este 14 de decembro coa XXXII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. O xurado do galardón que convoca o Concello de Dodro valorou "a construción e a sintaxe xunto cunha escolla léxica moi coidada" da obra, da que ademais sinalan que "posúe unha arquitectura interna coherente". O gañador, nado en Carril e con varios títulos xa editados, recibirá 2.300 euros e verá a súa obra publicada.

O xurado desta xeira estivo composto por Alicia Fernández Rodríguez, Estevo Creus Andrade, Elvira Riveiro Tobío e Xabier Xil Xardón, con Ramón Abuín Gómez, tenente de alcalde do Concello de Dodro, a presidir e con Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura e Patrimonio a actuar como secretario.

A coincidir co fallo, celebrouse unha homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón cun recital poético e unha ofrenda floral no cemiterio de San Xián de Laíño. No día a seguir celebrouse no concello o roteiro Os días olvidados que percorreu espazos da biografía do autor homenaxeado. O premio de poesía entregarase o vindeiro sábado 21 nun acto no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Dodro, Arquitectura, Estevo Creus...