Carlos Penela gaña o XXXI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O poeta vigués xa gañara este certame no ano 2000

19/12/2018 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
Carlos Penela (Vigo, 1975) ven de ser recoñecido como gañador do XXXI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do concello coruñés de Dodro. O xurado, composto por Luis Valle, Mario Regueira, Elvira Ribeiro e Branca Vilela, destaca a voz literaria consolidada da obra presentada O tépedo vento que pasa sobre o mundo, que na súa estimacióna travesa moitos valores da poesía de calquera tradición. "Síntese, depuración ascensional e unha contida e selecta escolma de imaxes e metáforas", artellan segundo o xurado un poemario merecente desta XXXI Edición. Penela recibirá por segunda vez este galardón do que xa resultou gañador no ano 2000. O premio entregarase o vindeiro sábado as 17:30 h no Cpi Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares