O xurado da XXVIII Edición do Premio de PoesÃa Eusebio Lorenzo Baleirón outorgáballe onte o primeiro premio deste certame ao poeta e narrador Xerardo Quinitá Pérez. A obra FORNELOS&FORNELOS, Segunda Fundación valeulle os 2.300 euros do premio e sairá publicada da man da editorial Sotelo Blanco. O mesmo autor xa resultara premiado co Premio de PoesÃa Fiz Vergara Vilariño pola primeira parte desta mesma obra, FORNELOS&FORNELOS, Primeira Fundación. O xurado destacou do traballo gañador o seu "estilo sobrio e limpo, que vai ao esencial mantendo un ritmo constante que alterna poemas con moita musicalidade con outros máis próximos á prosa ou á lingua falada dándolle riqueza tonal". Ademais, apunta que "o poemario é unha constante reflexión do que somos, facendo unha intersección entre pasado e presente, con referencias culturalistas da literatura universal que enriquecen o texto e lle dan un novo sentido". A entrega do galardón celebrarase o vindeiro 19 de decembro ás 17:30 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, concello que convoca o premio.