O guionista, poeta e creador escénico Miguel Cavadas Docampo (Vigo, 1996) ven de resultar gañador do XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro. O xurado acordou, por maioría, outorgarlle o galardón polo poemario 'Himno nacional', destacando da súa obra "a frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar". Segundo ditame do xurado o poemario "ofrécenos dúas visións, un diálogo entre a emigración de antes e de agora, do que significa construírse e medrar lonxe das raíces e do contacto coa caste do apelido. Vivir, case apenas, cun nome de pía por toda bandeira". Esta edición do premio estivo coordinada pola poeta Silvia Penas e o xurado composto por Lucía Aldao, Manuel López e Samuel Merino xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e Ramón Abuín Gómez. A entraga do premio terá lugar o vindeiro 14 de decembro no COI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro. O galardón n ten unha dotación económica de dous mil cincocentos euros e a publicación da obra.
Miguel Cavadas é Graduado en Lingua e Literatura Españolas pola USC, os seus relatos e poemas resultaron gañadores en certames coma o Mazarelos, o Xuventude Crea e o Díaz Jácome. Foi membro da compañía de creación colectiva Faísca Teatro, financiada pola USC. Grazas a unha Bolsa de La Caixa, formouse en escrita para a pantalla na sede de Los Ángeles da Boston University. En Estados Unidos, foi nomeado finalista do prestixioso Paramount Writers Mentoring Program para guionistas emerxentes e formou parte do equipo creativo da produtora mexicanoamericana Elefantec Global. Actualmente compaxina o traballo como guionista autónomo en España coa creación literaria. Segundo explica o seu perfil na páxina da Asociación de Guinistas de Galicia, "busca aproximarse á escrita dende unha perspectiva subversiva, interartística e inclusiva, atravesada polos eixos temáticos da masculinidade, o amor líquido e a inxustiza social".