Francisco Valeiras leva o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O Olimpio Arca de investigación fica deserto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Urda é o título da obra pola que Francisco Valeiras González acaba de ser galardoado co XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A obra, seleccionada entre vinte e cinco aspirantes "procura espazos aínda pouco transitados na nosa literatura, singularmente no territorio do pensamento", segundo recolle a acta do xurado. O galardón que convoca o Concello de Dodro está dotado con 2.500 euros en metálico e a edición da obra. O xurado estivo composto por Elvira Ribeiro, Ana Salgado, Antón Blanco, Míriam Ferradáns e Iolanda Pérez, co alcalde, Francisco Xabier Castro, como presidente, e Xoán Xosé Vicente, concelleiro de Cultura, como secretario.

Pola súa banda, o xurado do Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca acordou declarar o certame deserto ao considerar que ningún dos traballos presentados tiña calidade abonda para o recibir. Recoñeceron no entanto o labor de documentación de Manuel Pérez Mato e o seu traballo Noia a través dos Protocolos notariais. Auxe e caída dunha vila mariñeira no século XVI cunha mención honorífica.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Valeiras González, Poesía, Literatura, Concello de Dodro...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares