O xurado do XIX Premio de Poesía Afundación daba a coñecer na tarde deste 14 de outubro o fallo desta xeira do recoñecido galardón. A escritora Medos Romero impúxose como vencedora entre as 42 obras presentadas co seu poemario E o sol era ela. A autora recibirá 6.000 euros en metálico e verá o seu traballo publicado na colección Arte de Trobar do Centro PEN de Galicia.
O xurado destacou da obra o ser "un percorrido vital na procura de si mesma a través dun poemario épico-lírico que foxe da retórica e regresa á natureza non no sentido paisaxístico, senón a través da reflexión dunha voz feminina". Segundo apunta o fallo "trátase dunha obra creada a partir do profundo dominio do ritmo e da contención que nos leva a finais abertos, sorprendentes e mesmo paradóxicos".
O comité de selección estivo composto polos escritores Pablo Rubén Eyré, Concepción Prado Baña, Míriam Ferradáns e Xabier Castro Martínez, que actuou como secretario. Presidiu o comité Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia, que organiza este certame canda a Afundación e co apoio da Xunta de Galicia.
A gañadora, nada nas Pontes en 1959, conta cunha extensa carreira literaria centrada no eido poético, no que xa obtivera o Premio de Poesía Miguel González Garcés en 2006 e Premio de Poesía erótica Illas Sigargas en 2019. Entre as súas obras atópanse Rendéome no tempo (1998), Ámome en por min (1999), O peso da derrota (2000), Lenzo das madrugadas (2003), A seitura dos tristes (2006), O pozo da ferida (2006), Do corpo e a súa ausencia (2010), A ansia do lóstrego (2012), A náusea como un puñal (2019), Peixes que esvaraban ao unísono (2020) e Hortensia (2020).