A trixésimo cuarta edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesÃa, que convoca anualmente o Concello de Dodro, ten xa gañadora. O xurado do galardón declarou o poemario Clepsidras de Inma López Silva como o mellor desta xeira, no que competÃan trinta traballos. Da obra, segundo recolle o fallo, destaca "a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor da xenealoxÃa feminina, ao patente reflexo das violencias cotiás, asà como a exploración que fai da lingua e das formas do dicir". Do mesmo xeito, salienta que "a nivel formal consegue unha cadencia rÃtmica altamente suxestiva que coloca o texto nunha predisposición performativa".
O premio conta cunha dotación de 2.500 euros e a publicación da obra. O xurado estivo composto por Rexina RodrÃguez Vega, Silvia Penas Estévez, Oriana Méndez Fuentes e o poeta Francisco Valeiras Gónzalez, xunto cos concelleiros de Servizos Sociais e Cultura do concello de Dodro. O certame está coordinado pola poeta Elvira Ribeiro TobÃo.