Fernández Davila faise co Premio López Ardeiro de Poesía

O poemario Palabras mortas valeulle os 2.500 euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Gañador e finalista do premio durante o acto de entrega. Fonte: Facebook do Concello de Negreira

Gañador e finalista do premio durante o acto de entrega. Fonte: Facebook do Concello de Negreira

O auditorio Afonso Eanes do Cotón, en Negreira, acollía na tarde deste 20 de decembro o acto de entrega do XII Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que convoca este concello. Francisco Javier Fernández Davila foi gañador desta xeira do premio, dotado con 2.500 euros e a publicación da obra, polo seu poemario Palabras mortas.

Canda a el, foi finalista no certame Francisco Vila Díaz coa obra Estanque de tormentas, que lle valeu un premio de 500 euros. O xurado do certame estivo integrado por José Antonio Ponte Far, María Rey, Xulio López Valcárcel, María López Sández e Diana Varela.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Negreira, María López Sández, Xulio López Valcárcel...