Lupe Gómez faise co premio Ardeiro co poemario 'A pintora'

O galardón está dotado con 2500 euros e a edición da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A poeta Lupe Gómez fíxose coa décimo terceira edición do certame de poesía Xosé M. López "Ardeiro", que convoca o concello de Negreira coa colaboración da Xunta. Lupe Gómez presentou o poemario 'A pintora', co que se fixo cos 2500 euros de dotación económica, canda a edición do propio poemario. Silvia Tasende foi finalista coa obra "Pel memoria", coa que obtivo un premio de 500 euros. O xurado estivo presidido por Xosé Antonio Ponte Far.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lupe Gómez, Poesía, Concello de Negreira

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares