O escritor Xosé Antonio Neira Cruz recolleu en Negreira a edición da súa obra 'Caderno de camiño', gañadora na convocatoria de 2022 do Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", na súa XIª convocatoria. O autor, xornalista e profesor da USC, acudíu ao salón de plenos da Casa do Concello para o acto de entrega dun lote de 300 exemplares da edición, premio que se completa cunha dotación económica de económica de 2.500 euros que xa foi entregada en decembro pasado. O poemario gañador recolle 51 poemas distribuídos en seis capítulos: Subida polos anos; Un pestanexo do inverno; Parada no medio do trebón; Aprender a ulir a chuvia; Polo arame dun raio de sol e Arrastrando séculos sumados.
Na entrega participaron o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; o presidente do xurado, o crítico e escritor José Antonio Ponte Far, e o tamén poeta e membro do xurado, Xulio López Valcárcel, que tamén fíxoo en representación de Medulia Editorial, responsable da edición da obra. O acto serveu ademais, para a convocatoria da XII edición do certame, cuxo prazo de presentación de obras estará aberto desde o mes de xullo ao de decembro de 2023. Poderán participar nel, as obras poéticas escritas en lingua galega, orixinais e inéditas, cunha extensión de entre 350 e 700 versos como máximo.