O guionista e dramaturgo Jacobo Paz Limia (A Coruña, 1978) ven de facerse co XIV Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, convocado polo Concello de Negreira. De entre os sesenta poemaríos participantes nesta edición declarou á obra 'Kengsinton' do escritor coruñés gañadora e merecedora do premio consistente en 2.500 euros e a publicación de 300 exemplares. O xurado do certame, composto por María Rey, María López Sández, Diana Varela, Xosé A. Ponte Far e Xulio López Valcárcel, ditaminou tamén dar un premio de obra finalista para 'Cartografía Miúda', de Isabel Mancebo Portela, de Santiago de Compostela.
Jacobo Paz gaña o Certame de Poesía López Ardeiro
O xurado decantouse pola súa obra 'Kensington'
142 lecturas | Compartido 1 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos

