Carlos Penela leva o premio González Garcés de poesía

Yolanda López impúxose no certame de poesía Xosé M. López Ardeiro

20/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Arte de fuga é o título do poemario co que o vigués Carlos Penela se impuxo no XVII Premio de Poesía Miguel González Garcés que convoca a Deputación da Coruña. O xurado destacou “o rigor na elaboración do conxunto, a súa capacidade de reflexión metapoética e de aprehensión do mundo pola linguaxe, con moi suxestivas referencias culturais da tradición europea”. O gañador levará 6.500 euros de premios e verá o seu traballo editado. O xurado declarou tamén como finalista a obra Amado estranxeiro de Baldo Ramos, que será tamén editada.

En paralelo, Yolanda López López fíxose coa segunda edición do premio Manuel López Ardeiro, pola súa obra Tántalo. A gañadora recibiu 150 exemplares da súa obra da man do Concello de Negreira, que convoca o galardón.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Miguel González Garcés, Baldo Ramos, Deputación da Coruña...