Yolanda Castaño faise co XXI Premio de Poesía González Garcés

O galardón que convoca a Deputación da Coruña está dotado con 6.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A vixésima primeira edición do Premio de Poesía Miguel González Garcés, que convoca a Deputación da Coruña foi para Yolanda Castaño. O xurado, que emitiu o seu fallo este 28 de setembro, seleccionou para o galardón a obra presentada como A falsa autónoma, que será publicada pola entidade provincial e lle reportará á autora 6.500 euros.

O comité de selección estivo formado polas poetas Pilar Pallarés, Alba Cid, Susana Sánchez Aríns, Ismael Ramos e Daniel Asorey, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Como secretaria actuou a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz.

A acta destaca "o tratamento temático das vidas precarizadas, facendo fincapé no eido laboral e cultural desde unha marcada perspectiva de xénero". Ademais considera "positiva a orixinalidade do tema, escasamente abordado na poesía galega" e salienta "a ironía no discurso, as referencias meta-literarias e a pericia na construción do poema".

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Yolanda Castaño, Deputación da Coruña, Miguel González Garcés...