Lorena Conde leva o Premio de Poesía González Garcés

Entullo reportoulle os 6.500 euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Deputación da Coruña daba a coñecer onte o fallo do xurado do XVIII Premio de Poesía Miguel González Garcés, que convoca esta entidade. Lorena Conde foi a vencedora nesta xeira co seu poemario Entullo. O xurado seleccionou a obra entre as 85 que se presentaron ao galardón a recoñecer a "orixinalidade na construción das imaxes e no tratamento do tema: a visión do corpo como espazo de reconstrución, nun proceso de degradación física e emocional". Conde, que que ata o momento desenvolvera a súa carreira no ámbito escénico e foi cofundadora da compañía Matrioshka Teatro, obtén 6.500 € e a edición do volume por parte da Deputación.

Pilar Pallarés, Lucía Aldao, Marga do Val, Anton Lopo e Gonzalo Hermo formaron o xurado responsable da selección, coa vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín como presidenta e a xefa de servizo, Mercedes Fernández-Albalat, como secretaria.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Deputación da Coruña, Miguel González Garcés, Teatro...