Miguel Sande obtén o XXV Premio Johan Carballeira de Poesía

O xurado seleccionou a súa obra Brinde e desespero entre as 57 presentadas

26/4/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
43 lecturas | Compartido 0 veces

Miguel Sande. Fotografía de Distrito Xermar. AELG.

O Concello de Bueu daba a coñecer este 25 de abril o fallo da vixésimo quinta edición do Premio Johan Carballeira de Poesía. O xurado seleccionou o poemario Brinde e desespero, de Miguel Sande, como vencedor desta xeira, á que se presentaron 57 traballos.
A acta do fallo salienta que a obra vencedora "aposta pola prosa poética, e parte da autoficción para presentarnos unha lectura sobre o cotián dende o ángulo do inesperado. A obra rompe con éxito a tensión entre pensamento e sentimento, e nel a realidade do cotián fala por si mesma, cunha expresión formal contida". Sande, que xa ten no seu haber recoñecementos como o Premio Afundación de Poesía, recibirá un premio en metálico de 1.500 euros.

O xurado estivo composto polo profesor e crítico literario Manuel Forcadela, a poeta e gañadora da anterior edición, Xandra Táboas, e o xornalista, crítico e editor César Lorenzo.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares