Pura Tejelo faise co XIX Premio Johán Carballeira de Poesía

A autora leva un premio de 1.500 euros e verá o seu libro publicado por Xerais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Bueu, que organiza o Premio Johán Carballeira de Poesía, daba a coñecer onte a gañadora da XIX edición deste galardón. Pura Tejelo Núñez, co poemario A elegancia do século impúxose nunha xeira á que se presentaron 54 obras, unha marca na historia do certame. O xurado, composto polos poetas Ismael Ramos, Ledicia Costas e Asun Estévez destacou que o traballo vencedor "explora o cotián dun xeito profundo e elaborado, empregando un repertorio de imaxes que con nitidez nos trasladan á anécdota ou situación que deu orixe á reflexión lírica". Pura Tejelo recibirá 1.500 euros de premio e publicará o seu libro con Edicións Xerais.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Ismael Ramos, Ledicia Costas, Concello de Bueu...

Claves

Conceptos
Lugares