Ismael Ramos gaña o Johán Carballeira

A obra Os fillos da fame lévase o galardón desta XVIII edición do certame poético

4/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O poeta Ismael Ramos Castelo gaña con Os fillos da fame a XVIII edición do premio Johán Carballeira de Poesía. O xurado, composto polos escritores Ramón Blanco, María do Carme Caramés e Luís Valle , destacaron a calidade literaria da obra que a sitúan na "mellor tradición da poesía internacional". Con vinte anos, o poeta, que gañou xa outros certames literarios, recibirá un premio en metálico de 1.500 euros e a súa obra será publicada por Edicións Xerais.

Nesta edición do certame, que convoca o Concello de Bueu, presentáronse un total de 33 poemarios e, por unanimidade, o xurado decidiu escoller a obra de Ismael Ramos Castelo como gañadora porque "non esquece a riqueza da lírica galega e conta cunha voz autorial limpa e novidosa".

Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) comezou a escribir aos 16 anos, e xa gañou dúas modalidades do Premio Minerva, poesía e narrativa ademais do segundo premio do Ánxel Casal.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ismael Ramos, Poesía, Castelo, Luís Valle...