Lucía Novas faise co premio Johán Carballeira de poesía

A súa obra Neve foi seleccionada polo xurado da XIII edición

18/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Neve é o título do poemario que lle valeu a Lucía Novas Garrido facerse co premio XIII Johan Carballeira de Poesía. O xurado, composto por Mario Regueria, Helena de Carlos e Rosa Enríquez salientou "a capacidade da autora para crear unha obra orixinal a partir de técnicas compositivas clásicas". A autora obtén con este galardón 1.500 euros de premio e mais a publicación da obra.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Helena de Carlos

Claves

Protagonistas
Conceptos