Carmen Caramés faise co XVII Premio Johán Carballeira

Dos días escuros aborda a cuestión dos malos tratos

6/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dos días escuros é o título do poemario co que Mª Carmen Caramés Gorgal se impuxo esta fin de semana no XVII Premio de Poesía Johán Carballeira. O xurado, composto por Marta Dacosta Alonso, Miriam Ferradáns Ferradás e Alberte Momán seleccionou a obra entre as 43 presentadas. Asimesmo destacou "a capacidade para retratar unha situación tan difícil como a dos malos tratos e que isto se faga cunha linguaxe poética tan acertada, mediante a utilización de imaxes moi potentes e un ton que engancha á lectora e ao lector". O galardón que organiza o Concello de Bueu está dotado con 1.500 euros e mais a publicación da obra da man de Edicións Xerais.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marta Dacosta Alonso, Alberte Momán, Marta Dacosta, Poesía...