O Concello de Bueu daba a coñecer onte os fallos dos premios Johán Carballeira de PoesÃa e de Xornalismo. O galardón lÃrico, que celebraba a súa XXI xeira, foi para Daniel Asorey, que co seu traballo Transmatria acadou o recoñecemento do xurado. Segundo a acta, valorouse o "se tratar dun libro de poemas onde destaca a potencia dunha linguaxe innovadora e a explosión das marxes dos corpos como capacidade de transformar e superar o agardado". O gañador, que se impuxo entre os 73 traballos presentados, leva un premio de 1.500 euros e verá a súa obra publicada con Edicións Xerais.
Na categorÃa de xornalismo, que celebraba este ano a súa XV edición, o gañador foi Moncho Iglesias pola súa reportaxe Corea do Norte. A vida dese outro lado. O texto, publicado en Tempos Novos destaca por "ofrecer unha perspectiva alternativa aos tópicos que promoven a maiorÃa dos medios de comunicación" sobre o paÃs, ao tempo que pon en valor o "xornalismo de xénero da crónica de viaxe, pouco habitual na prensa da actualidade". O autor recibirá un premio de 1.500 euros.