A décimo cuarta edición do Premio Johán Carballeira de Xornalismo que promove o Concello de Bueu tivo dúas gañadoras. As xornalistas Montse Dopico, coa reportaxe Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonÃa cultural, publicada na revista Luzes, e MarÃa Obelleiro Hermida, directora da edición en papel de Sermos Galiza, con O apartheid sanitario na Galiza foron as galardoadas. Cada unha das gañadoras recibirá 750 euros de premio por uns traballos que, segundo destacou o xurado, resultan "modelos de esixencia técnica e de investigación, que son ademais complementarias en dous ámbitos fundamentais para este galardón: o xornalismo cultural e o xornalismo social". En concreto, do traballo de Dopico destacan a "utilización dos diálogos entre dúas persoas que ofrecen visións distintas sobre un feito histórico", mentres na reportaxe de Obelleiro que "dá voz ás persoas non teñen unha persoa nos medios e incidindo na diversidade coral, para a análise dun tema tan lacerante como o da discriminación da sanidade que sofren as persoas inmigrantes".
O tribunal, composto por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, Montse Fajardo, xornalista, e Antón Lopo, gañador da pasada edición destacou a alta calidade dos 19 traballos que se presentaron ao premio. O acto de entrega dos galardóns celebrarase a coincidir coa Semana das Letras Galegas.