A fotógrafa, revelada é o título da reportaxe coa que Nieves Neira acaba de se facer co
XVII Premio Johán Carballeira de Xornalismo que convoca o Concello de Bueu e que está dotado con 1.500 euros. Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaban o pasado 15 de marzo de 2019 esta peza na que Neira abordaba a vida de Maruja Roca, pioneira da fotografía galega. O xurado destacou "a presentación do tema desta reportaxe, a súa calidade lingüística, a precisión e o acompañamento das imaxes". O xurado do galardón estivo composto por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, Alberte Mera, xornalista do Nós Diario, e Aser Álvarez, gañador da última edición do certame.