Cantigas para despois dunha pandemia é o tÃtulo da reportaxe publicada na revista Luzes coa que a xornalista Marta Veiga Izaguirre acaba de obter o XVIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo. O xurado deste certame que convoca o Concello de Bueu considerou que este traballo "ofrece un relato no que se tratan problemas previos á pandemia que continuarán despois desta e para os que se ofrecen solucións a través de fontes expertas e un tratamento que fuxe do conxuntural". Ademais, "este traballo destaca polo seu estilo e a estrutura a modo de conversa, cun humor acedo que non cae na frivolidade. Asà mesmo, a reportaxe achega a cara social e polÃtica da pandemia, máis alá de datos e cifras". O premio está dotado con 1.500 euros.
O xurado estivo composto por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos Johán Carballeira, David Lombao, xornalista de Praza Pública, e Nieves Neira, gañadora do certame na pasada edición. Marta Veiga é na actualidade profesora asociada da área de Xornalismo no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista freelance, ademais de investigadora e xestora do grupo de innovación docente Xuvenciencia. Ten traballado en medios de comunicación como Diario de Pontevedra e El Progreso.