O Johán Carballeira de Poesía foi para Marta Dacosta

Arancha Nogueira levou o Francisco Añón de Poesía

20/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XVI Edición do Premio Johán Carballeira de Poesía foi para Marta Dacosta. O xurado destacou do poemario Dun lago escuro, o "elaborado xogo simbólico" así como a atención a cuestións sociais e de xénero. A gañadora recibirá 1.500 euros e verá o seu traballo publicado polo Concello de Bueu. Ao tempo, Arancha Nogueira fíxose co premio Francisco Añón, que organiza o Concello de Outes. Andar descalza, o seu poemario, valeulle 1.200 euros e premio e a publicación da obra.

Tamén en Cangas houbo galardóns esta fin de semana. Marisa Núñez recibiou o Xoán de Cangas á creación literaria, mentres Celso Parada fíxose co de artes escénicas, Camilo Caamaño o de artes gráficas e Antonio González o de música, mentres Xosé Menduiña levou o premio de recuperación de patrimonio.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Marta Dacosta, Arancha Nogueira, Xénero...