Eli Ríos gaña o Francisco Añón de Poesía

Doe tanto a túa ausencia valeulle os mil euros do galardón

20/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, que convoca o Concello de Outes ten xa gañadora. A escritora Eli Ríos impúxose coa obra Doe tanto a túa ausencia, unha proposta que o xurado sinala ten moitos elementos de poema dramático e que se podería representar. Ríos obten un premio en metálico de 1.000 euros e verá publicado o seu traballo. O xurado acordou tamén concederlle un accésit a Un milagre sen ril de Alejandro Sande Corral, que será tamén editado.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eli Ríos, Poesía, Outes

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares