A escritora Eli RÃos (Londres, 1976) ven de gañar o IV Premio de PoesÃa López Abente coa obra Culpable. A autora, que ten no seu haber outros importantes premios de poesÃa e narrativa como o Lueiro Rey (2014), o premio Francisco Añón (2014), o Torrente Ballester de Narrativa (2016) ou o RosalÃa de Castro (2015) entre outros moitos, presentou o traballo gañador co lema Gita Gogóia e obtivo a unanimidade do xurado. O premio en metálico son 2.000 euros e a publicación da obra por Edicións xerais de Galicia. O xurado estivo conformado por Miro Villar, Serxio Iglesias e Suso Sambade, secretario este último da Fundación López Abente que convocaba o certame. No seu veredicto o xurado destaca de Culpable a súa "hibridación de xéneros, no que a poesÃa se transmuta en narrativa, dramaturxia ou ensaio lÃrico" e valora o traballo de RÃos como "unha lúcida reflexión metapoética que cuestiona a enunciación do eu lÃrico, mesmo avogando pola súa anulación, e tamén a propia linguaxe, a través dunha complexa estrutura de verso longo e con pegadas de rupturismo e experimentación contracultural e vangardista".