Enma Pedreira faise co Premio López Abente de Poesía

A súa obra S/t foi galardoada con 2.000 euros

22/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Unha obra que indaga nos grandes temas universais, nas vivencias da aldea, os froitos da terra, o tempo da infancia e a memoria, nun discurso elaborado que soa moi verdadeiro, saído dunha necesidade vital de facelo". Así define o xurado do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente a obra S/t, coa que Enmma Pedreira se impuxo nesta edición. A autora, cunha importante carreira poética ás costas, farase con 2.000 euros en metálico e verá o seu traballo publicado en Edicións Xerais. O xurado desta edición estaba conformado por X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga, con Viki Rivadulla como secretaria. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 11 de xullo no Salón do Voluntariado de Muxía.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, X. H. Rivadulla Corcón, X. H. Rivadulla Corcón, Edicións Xerais...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares