Daniel Salgado inaugura os premios López Abente de poesía

É o primeiro certame que convoca a fundación homónima e colaboración coa Xunta

3/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor, xornalista e músico, Daniel Salgado, acaba de sumar un novo premio ao seu palmarés. Desta volta trátase do primeiro premio de Poesía Gonzalo López Abente, convocada pola Fundación do escritor en colaboración coa Xunta. O xurado, composto por Marilar Aleixandre, Miro Villar, X. H. Rivadulla Corcón con Vicki Rivadulla, destacou a “rica textualidade” dun poemario que, a modo de diario, amosa o “o compromiso anticapitalista a través do diálogo cos principais referentes ideolóxicos na loita pola liberdade e a xustiza social”.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, X. H. Rivadulla Corcón, Miro Villar, Miro Villar...