Laureano Araujo faise co II Premio de Poesía Gonzalo López Abente

A obra "Os días condenados. Fragmentos para un devocionario" recibirá 2.000 euros e a publicación da obra

15/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xurado do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente decidiu conceder o premio a Laureano Xoaquín Araújo Cardalda, profesor de Alemán no ensino secundario e tradutor, que ten traducido ao galego obras como A morte en Venecia de Thomas Mann ou as Opinións dun pallaso de Heinrich Böll. O xuradoi salientou da obra Os días condenados. Fragmentos para un devocionario "a estrutura e forma do libro, un contido fresco e versos con moito simbolismo, así coma o ritmo da composición e que o libro ten un fío condutor consistente". O autor recibirá 2000 euros máis a publicación do libro en Xerais e unha escultura da secretaria do xurado, Viki Rivadulla.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Morte, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares