Vicente Vázquez fíxose co Premio Francisco Añón de Poesía

Manuel Vázquez impúxose no VI certame Eduardo Pondal da Editorial Medulia

O Concello de Outes deu a coñecer e entregou este 17 de maio os XXVIII Premios Francisco Añón de Poesía. Vicente Vázquez Vidal, con O conto da leiteira impúxose na categoría de adultos do galardón e recibirá 1.500 euros en metálico ademais de ver publicado o seu traballo.

O xurado destacou desta obra o estar "cargada de saber popular, cun estilo coherente e un aquel místico que supura naturalidade". Ademais, concedeulle un accésit a Paulo Vilar por Un día de febreiro.

Pola súa banda, o lugués Manuel Vázquez fíxose coa sexta edición do Premio Eduardo Pondal de poesía pola súa obra Maldita eternidade. O galardón que convoca a editorial Medulia ten como dotación un pergameo acreditativo, a edición do traballo e mais o orixinal da obra artística que se empregará para ilustrar a capa da publicación.