Lupe Gómez gaña o XI Premio de Poesía Lueiro Rey

A súa obra Salón de té impúxose no galardón dotado con 2.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lupe Gómez gaña o XI Premio de Poesía Lueiro Rey

O xurado do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey deu a coñecer este 10 de febreiro o fallo da undécima xeira do galardón que convoca o concello de Fornelos de Montes. A poeta de Fisteus impúxose entre o medio centro de obras presentadas co poemario Salón de Té, que lle reportará un galardón de 2.500 euros e será publicado por Edicións Xerais.

Segundo o fallo do xurado, a obra "destaca polos seus versos depurados e ben traballados que nos conducen á beleza e á verdade dun mundo persoal mais tamén común e universal nas súas palabras". Ademais, apunta que é este "un traballo luminoso e evocador que recrea o personalísimo mundo da poeta de Fisteus". O galardón entregarse o vindeiro mes de setembro.

Que che parece esta nova?
126 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Lupe Gómez, Edicións Xerais

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos