Luís Valle gaña o III Premio Lueiro Rey de Poesía

O lucense impúxose con As cicatrices do sol

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As cicatrices do sol é o título do poemario co que Luís Valle se impuxo na terceira edición do Premio Lueiro Rey de Poesía. O autor lucense impúxose entre as 39 obras presentadas cunha obra que o xurado considerou cunha importante "forza simbólica" e unha imaxinería orixinal. Valle faise así cos 2.500 euros do galardón e será a organización do premio, compartida pola Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe e o Concello de Fornelos de Montes a responsable de o publicar. A coincidir con este fallo dábase a coñecer a nova páxina dedicada a Lueiro Rey, onde se poden atopar, entre outros contidos, apuntamentos biográficos e fotografías do autor.

Que che parece esta nova?
122 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Valle, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos