Xurxo Alonso faise co IX Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía

Roberto Rodríguez impúxose no certame Xosé M. López Ardeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Fornelos de Montes daba a coñecer este 15 de marzo o fallo do IX Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. O xurado seleccionou a obra As vaidosas agonías, de Xurxo Alonso, como vencedora desta edición, a atender a "impecable dicción e fluencia harmónica dunha escrita arroupada por unha imaxinería fulgurante, que aborda con lucidez a loita do eu ante un mundo que esfarela e no que cómpre soerguerse nas azas da palabra". En total presentáronse a esta edición do certame 38 traballos. O vencedor obtén un premio en metálico de 2.500 euros.

Pola súa banda, Roberto Rodríguez foi o vencedor do certame de poesía Xosé M. López Ardeiro coa obra Teimas dun ninguén. O galardón que convoca o Concello de Negreira conta cun premio en metálico de 700 euros e a edición da obra por parte da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xurxo Alonso, Premio Manuel Lueiro Rey, Consellería de Cultura...