Luís Antonio Cortiñas álzase co XIV Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía

O autor viu recoñecido o seu poemario Caput Mortuum

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotografía de perfil do Facebook de Luís Colder

Fotografía de perfil do Facebook de Luís Colder

A décima cuarta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía ten gañador. O xurado do certame que convoca o concello de Fornelos de Montes seleccionou a obra Caput Mortuum, de Luís Antonio Cortiñas González, Luís Colder, como gañadora desta xeira. Cortiñas levará un premio de 2.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada por Edicións Xerais de Galicia.

O xurado do certame estivo presidido por Luís Cochón Touriño con Mercedes Queixas Zas, Gisele Mato, Samuel Merino e Armando Requeixo como vogais, e Carmen Carreiro como secretaria, con voz e sen voto. O seu fallo salienta "o sentimento para xunguir o poema versal e o poema en prosa dunha escrita que participa por igual de profundar no eu e nas angueiras da existencia coa adhesión sensible á causa comunitaria e á lírica do social".

Canda a isto, o comité de selección apuntou a "arquitectura complexa" da obra, que "entrelaza a formulística química coa administrativa" e destaca o "fulgurante das súas mensaxes e o procesado de moitas e moi diversas voces da poesía e o pensamento universais".

Que che parece esta nova?
349 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Premio Manuel Lueiro Rey, Edicións Xerais, Samuel Merino...