Berta Dávila faise co Johán Carballeira de Poesía

Raíz da fenda impúxose entre as 49 obras presentadas

24/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

O XV premio Johán Carballeira de Poesía foi para Berta Dávila. O seu traballo Raíz da fenda foi valorado en base á "mensaxe, o ton, a boa estruturación e en definitiva a sensibilidade que amosa". O xurado, composto por Calros Solla, Héitor Mera e Alfonso Láuzara, destacou especialmente que se trate "dun poemario limpo de artificio, carente de adobíos innecesarios". Dávila, que se impuxo entre as 49 obras presentadas ao certame, leva o premio de 1.500 euros e verá a súa obra publicada polo Concello de Bueu.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berta Dávila, Poesía, Concello de Bueu, Bueu

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares