Anxos Sumai e Berta Dávila recoñecidas co Premio da Crítica Española

Os galardóns da Asociación Española de Críticos Literarios converten ambas obras en multipremiadas

Os Premios da Crítica, galardóns honoríficos outorgados pola Asociación Española de Críticos Literarios, fixéronse públicos hoxe en Logroño. Das dúas categorías dirixidas á literatura en galego, Narrativa e Poesía, as obras repectivamente elixidas foron A lúa da colleita (Galaxia) de Anxos G. Sumai e Raíz da fenda (Eds. Xerais) de Berta Dávila. Os dous libros son candidatos na vindeira entrega de premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O libros de Anxos Sumai publicouse como gañador do Premio García Barros 2013 e Raíz da fenda recibira o XV Premio de Poesía Johán Carballeira, ademais Berta Dávila foi recoñecida na entrega dos Premios Ánxel Casal da Asociación de Editores Galegos como mellor autora do 2013.