Olga Novo e Berta Dávila recibirán os Premios da Crítica estatal

Novo fíxose co galardón na modalidade de Poesía e Dávila co de Narrativa na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Española de Crítica Literaria (AECL) outorgoulle este 27 de setembro os seus premios ás mellores obras en galego, euskera e catalán publicadas en 2019. O colectivo, a seguir a selección da asociación Galega da Crítica, acordou outorgarlle o premio á Mellor obra de poesía en galego a Olga Novo polo seu traballo Feliz idade. Pola súa banda, Carrusel de Berta Dávila foi escolleita como mellor obra de narrativa do ano na nosa lingua. O galardón, que adiou o seu fallo o pasado mes de abril por mor da pandemia, non ten dotación económica.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olga Novo, Berta Dávila, Poesía, Narrativa...