A Asociación Española de CrÃticos Literarios deu a coñecer este 5 xuño o fallo dos seus galardóns, entre os que se atopan os que outorgan ás mellores obras do ano en lingua galega. No palmarés, o colectivo acordou recoñecer O libro da filla de Inma López Silva como mellor obra de narrativa na nosa lingua, mentres A desvértebra de Ana Romanà levou o galardón á mellor obra de poesÃa.
Segundo explica a editorial Galaxia, que publica O libro da filla, a obra "é un relato profundo e inquietante en que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mellor e o peor de nós como persoas e como sociedade".
Pola súa banda, A desvértebra, publicado en Chan da Pólvora, é a primeira obra de Romanà en dez anos e "supón un xiro revelador na súa obra e descubre novas vertentes e expresións dunha poeta que xa é, en por si, unha das voces máis admiradas da poesÃa galega contemporánea". Segundo explica a editora "Estamos ante un libro que imbrica a trascendencia co humor, a postura de radicalidade ética coa máis fina ironÃa ata conseguir un dos tÃtulos máis relevantes que se publicaron en Galicia nos últimos anos".