O traballo que presentou sen tÃtulo e baixo o lema Acta de sospeita valeulle a Xurxo Alonso facerse co décimo Certame poético RosalÃa de Castro que convoca o Concello de Padrón. O autor recibirá 1.500 euros en metálico e verá o seu poemario publicado na colección que mantén o propio concello.
Segundo destaca a acta, a obra de Alonso aborda "unha visita renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936", destaca por unha "lingua patrimonial moi rica e mantén unhas constantes estilistas de boa factura". Alonso é pintor e poeta e ten recibido recoñecementos poéticos como o Avelina Valladares, o Johán Carballeira, o Concello de Carral ou o Cidade de Ourense.
O xurado do certame, que seleccionou a obra entre 43 traballos presentados, estivo presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, e composto por Anxo Angueira, Manuel Lorenzo Baleirón, Miriam Ferradáns Ferradás, Inés Mosquera Calvo e Rita Bugallo González. Como secretaria, con voz pero sen voto, actuou a animadora cultural do Concello Beatriz Lorenzo Vázquez.
Pola súa banda, o XXII Premio de PoesÃa Concello de MarÃn tivo como gañador a Francisco Javier Fernández Davila. A súa obra Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado valeulle o premio de 1.000 euros con que está dotado o certame. O xurado destacou do poemario "a súa orixinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia, coa voz poética dunha segunda xeración".
Lara Dopazo, Tamara Andrés, Ismael Ramos e Susana Pedreira conformaron o xurado do premio e seleccionaron por unanimidade a obra gañadora entre 77 traballos.