Xurxo Alonso faise co Premio Díaz Castro de poesía coas súas Oracións profanas

Recibirá 2.000 euros e verá o seu libro publicado en Espiral Maior

12/3/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor nado en Bos Aires Xurxo Alonso acaba de se facer co Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía polo seu poemario Oracións profanas. O xurado, composto por Ánxela Gracián, Miguel Anxo Fernán Vello e Armando Requeixo, destacou "a poderosa voz oracular que destila a trintena de poemas deste libro, cheo de resonancias épicas" e mais a "selección léxica admirable, que tece o verso nun laio clamoroso a través do cal revisita os grandes temas da poesía de todo tempo e do noso tempo". O autor recibirá 2.000 euros en metálico e verá o libro publicado en Espiral Maior. O galardón entregarase o vindeiro mes de outubro no Concello de Guitiriz, entidade que organiza o certame.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xurxo Alonso, Espiral Maior, Xosé María Díaz Castro...