Raúl Gómez Pato recolleu o I Premio de Poesía Díaz Castro

Máscaras de Espellos foi editado por Espiral Maior

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Casa Habanera de Guitiriz acolleu na tarde de onte a presentación do poemario gañador do I Premio Xosé María Díaz Castro de poesía. Raúl Gómez Pato, vencedor do certame, recolleu o premio, consistente en dous mil euros en metálico e a publicación da súa obra da man de Espiral Maior. A súa obra Máscaras de Espellos, foi escolleita polo xurado por posuír "unha escritura de grande altura estética, que amosa un excelente dominio da fórmula versal e o emprego dunha imaxinería neosurral que abisma na interioridade de universos líricos de fascinio, atento tanto ás escenas do mínimo cotián como aos grandes sucesos do devir colectivo. Poderosa dicción, contención e fulguración na palabra revelan neste poemario unha voz senlleira que moito presta visitar". O tribunal, composto por Miguel Anxo Fernán Vello, Armando Requeixo e Ánxela Gracián xunto á alcaldesa de Guitiriz, Regina Polin, destacou a alta participación nesta primeira xeira do certame, á que se presentaron sesenta orixinais.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Raúl Gómez Pato, Poesía, Espiral Maior, Guitiriz...