Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía

No certame concorreron 44 poemarios

28/2/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O poeta Eduard Velasco, de orixe barcelonés pero afincado en Compostela, fíxome coa segunda edición do Premio de poesía Xosé María Díaz Castro, que convoca o concello de Guitiriz. O xurado, composto por Ánxela Gracián, Armando Requeixo e Miguel Anxo Fernán Vello, valorou o poemario O filósofo coxo como escrito por unha "xenuina voz", e pola súa "reflexión feraz, non exenta de humorismo paródico, tremendamente lúcido e revelador". Velasco recibirá 2.000 euros e a editorial Espiral Maior publicará o libro.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduard Velasco, Poesía, Xosé María Díaz Castro, Xosé María Díaz Castro...