Miguel Anxo Fernán-Vello gaña o XIII Premio de Poesía Afundación

O poemario Duración da penumbra impúxose entre os 43 orixinais que se presentaron

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Miguel Anxo Fernán Vello. Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB) (2007). Fonte: AELG

Miguel Anxo Fernán Vello. Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB) (2007). Fonte: AELG

Duración da penumbra é o título do poemario co que Miguel Anxo Fernán-Vello se facía onte co XIII Premio de Poesía Afundación. O galardón, dotado con 6.000 euros e que inclúe a publicación do libro na colección Arte de Trobar, está convocado polo PEN Clube co apoio da Consellería de Cultura e Educación e de Afundación. O xurado, composto por Luís González Tosar, Óscar Xabier Castro Martínez, Inma López Silva, Manuel Guede Oliva e Luciano Rodríguez Gómez, destacou a "a aposta polo dominio das formas e pola intensidade dos rexistros" da obra gañadora. Ademais, apuntou que o poemario "é unha unidade compacta que consegue, con grande habelencia e talento, extraer da realidade máis crúa o lirismo máis elevado". Fernán-Vello impúxose co seu traballo entre os 43 orixinais que se presentaron ao galardón, dos cales tres foron rexeitados por non cumprir as bases.

Que che parece esta nova?
157 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Poesía, Manuel Guede Oliva, Luís González Tosar...