Estíbaliz Espinosa faise co a XV edición do Premio de Poesía Afundación

O seu poemario As neuronas irmás impúxose entre os 29 orixinais presentados ao certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Estíbaliz Espinosa. Fotografía de Sandra G. Rey. Fonte: Afundación

Estíbaliz Espinosa. Fotografía de Sandra G. Rey. Fonte: Afundación

Ás seis e media da tarde de onte a sede de Afundación Santiago de Compostela acollía a presentación do fallo do xurado do XV do Premio de Poesía Afundación. O poemario As neuronas irmás valeulle á coruñesa Estíbaliz Espinosa os 6.000 euros do galardón, ao se impor sobre os outros 28 traballos aspirantes. O xurado, composto polas escritoras Berta Dávila e María Neves Soutelo; Mario Regueira, escritor; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado, destacou da obra "a coherencia dun discurso poético sólido, o potencia evocador das imaxes, así como a orixinalidade das referencias que apelan á dimensión científica do ser humano biolóxico e emocional". O traballo sairá publicado na colección Arte de trobar. O PEN Clube e Afundación organizan este galardón, patrocinado pola Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Estíbaliz Espinosa, Poesía, Xabier Castro Martínez...