A escritora viguesa Ledicia Costas (1979) gaña, co poemario Ultraluz e baixo o lema Kodama, a XXª edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia. O xurado, composto por Estíbaliz Espinosa; Ánxela Gracián; Luciano Rodríguez; Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar, considerou deste libro de poemas selecciónado entre as 32 obras presentadas que é "un exercicio de claridade e autenticidade poética cunha decidida vontade de achegar os mundos fantásticos ao noso bosque, logrando unha interacción entre as referencias ao anime e á ciencia ficción. Hai unha interpelación ao lector como axente activo convidándoo a entrar nese mundo de frescor infantil que mestura o abraio e o sombrizo". O galardón implica a publicación do libro na colección "Arte de trobar" e unha dotación económica de 6000 euros.