Co poemario Ultraluz, a escritora viguesa Ledicia Costas (1979) gañaba o pasado ano a XXª edición do Premio de PoesÃa Afundación. A obra era presentada polo xurado como "un exercicio de claridade e autenticidade poética cunha decidida vontade de achegar os mundos fantásticos ao noso bosque, logrando unha interacción entre as referencias ao anime e á ciencia ficción. Hai unha interpelación ao lector como axente activo convidándoo a entrar nese mundo de frescor infantil que mestura o abraio e o sombrizo". Con ese texto como base, Costas vai agora máis alá e acompañada dos músicos Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga levan Ultraluz a converterse nunha creación multimedia, que pode ser abordada, ademais de desde o texto, desde a escoita e ata como espectadores. Este trÃo presenta hoxe mesmo en plataformas Ultrluz, como proxecto multimedia de palabra, música e luz. Os tres reúnense, nunha primeira fase nun estudio de gravación, xuntando a lectura da obra por parte da autora coa música composta po Ferreiro e Puga como acompañamento O resultado son 26 pistas de entre 13 segundos e menos de dous minutos cada unha. Esta proposta, tanto en galego como en castelán, xa pode escoitarse nas diversas plataformas dixitais e estará dispoñible en cd e vinilo e posteriormente, en outono, pretende chegar a teatros e auditorios como espectáculo multimedia, acompañado dunha posta en escena na que a iluminación xoga un papel importante. Ademais o propio poemario volverá a publicarse, ampliado, na editorial Xerais.
Isto é un pequeno adianto de Ultraluz. É moi emocionante compartilo. Mañá ás 00:00h. poderedes escoitalo en todas as plataformas. Agardamos que vos guste pic.twitter.com/zaxkEJqYZ9
— Ledicia Costas (@LediciaCostas) July 5, 2023