O poemario Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse foi recoñecido este 22 de febreiro por unanimidade como o traballo gañador do V Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía. Pablo Bouza Álvarez é o autor desta obra da que o xurado destacou "a diáfana construción poemática dun conxunto que se eleva desde a transparencia da voz, a forza das imaxes e a sonoridade da arquitectura dos períodos e das estrofas". Canda a isto, estimou a "habelencia á hora de incorporar ao discurso propio referentes da mellor tradición universal, desde Valente ata Carver pasando por Wilde ou Schopenhauer". Bouza, actual xefe da área de Cultura do Concello de Culleredo, recibirá un premio en metálico de 2.000 euros e verá publicado o seu traballo pola Editorial Espiral Maior.
O comité de selección, que salientou "a calidade dos traballos presentados a concurso, que evidencian o estado de magnífica saúde da nosa poesía e a simpatía coa que, desde as primeiras convocatorias, está a ser acollido o premio", estivo composto por Ánxela Gracián, Miguel Anxo Fernán Vello, Armando Requeixo e Marisol Morandeira como secretaria, con voz e sen voto.